
Elena Raviña, Farmacia Eirín, explícanos os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de SPD. 4m6u4i
Descripción de Elena Raviña, Farmacia Eirín, explícanos os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de SPD. 376v73
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. No espazo de hoxe falamos con Elena Raviña Eirín, titular da "FARMACIA EIRÍN" da Estrada. Explícanos polo miudo os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de Sistemas Personalizados de Dosificación. Que se levan a cabo dende as farmacias galegas. 🔊“Farmacias sentinelas é un programa, no que as farmacias facemos un estudo do número de antigripales, test covid e de gripe que se dispensaron durante o ano 2023. Con esos datos elaborouse unha curva para predecir cando iba a chegar o pico de gripe para que o sistema estivera preparado. Agora estamos enviando esos datos semanalmente”. 🔊“Non Demorables son medicamentos que o paciente non pode deixar de tomar. Nós comprobamos que non hai recetas dispoñibles e da pauta correcta. Nos chamamos a un número da Consellería no que hai un médico e que valida a información que lle damos e se comprometen no prazo de dúas horas de chamar ao paciente e de xerar a receta”. 🔊“Persoas con dereito á asistencia sanitaria e farmacéutica con cargo ao Sistema Público de Saúde de Galicia, de 70 anos ou máis e 10 ou máis prescricións activas crónicas de medicamentos, que presentan problemas de incumprimento da terapia ou dificultades para o correcto uso dos medicamentos por déficits de autonomía física ou psíquica, e viven sós/as ou non teñen unha rede de apoio sociofamiliar adecuada para o mantemento dos tratamentos instaurados”. 📢FARMACIAS SENTINELA Foi un tema que tivo moito impacto a nivel da sociedade, porque foi recollido en varias ocasións en prensa, televisión e recibiu o premio Perfecto Feijoo da RAFG, premio que distingue as iniciativas que contribúen a destacar a imaxe e a consideración social da farmacia galega e recentemente recibiu o premio Acción Farmacéutica que concede Redacción Médica. Esta rede de farmacias sentinela, iniciouse cun piloto no mes de decembro, e está formada a día de hoxe por 70 oficinas de farmacia distribuídas entre as catro provincias da seguinte forma: 30 farmacias na provincia da Coruña, 10 farmacias na provincia de Lugo, 10 farmacias na provincia de Ourense e 20 farmacias na provincia de Pontevedra. Estas farmacias achegaron información relacionada coa dispensación de determinados medicamentos (antigripais) e produtos sanitarios (test COVID E GRIPE) semanalmente, co fin de monitorar a súa dispensación e obter datos que están a ser integrados nos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, no proxecto PREDÍ-FAR para a predición epidemiolóxica da gripe. Este proxecto é o inicio dunha colaboración máis ampla que se vai a levar a cabo coa Dirección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e o noso obxectivo debe ser que un maior número das farmacias da provincia pasen a formar parte da Rede de Farmacias Sentinela, poñendo en valor o noso compromiso e colaboración para a mellora da saúde da poboación 📢PROGRAMA NON DEMORABLES Trátase dunha medida excepcional para renovar a prescrición dun só envase dunha determinada medicación, “medicación non demorable”, nos casos nos que o paciente non dispoña de receita nin desa medicación para 72 horas. 💡A listaxe dos medicamentos non demorables actualmente componse de 5 terapias: ✅Antidiabética: insulinas ✅Antiepiléptica e anticonvulsivante só para tratamento epilepsia ✅Antipsicótica en enfermidade psiquiátrica e demencia ✅Inmunosupresora do paciente transplantado ✅Cardivascular: nitratos, betabloqueantes, calcioantagonistas, heparinas e anticoagulantes de acción directa e agonistas alfa adrenérgicos. Nos casos nos que un paciente solicita un destes medicamentos de maneira urxente, hai un procedemento cun número de teléfono ao que o farmacéutico poderá chamar de luns a venres de 9 a 9 para que un profesional técnico renove a prescrición. Comprobar que o paciente non ten receitas activas e que non dispón de medicación para máis aló de 72 horas. Comprobar que o medicamento solicitado está en listaxe de non demorables Realizar unha chamada ao número de teléfono habilitado, de luns a venres de 9 a 21. Profesional técnico-verificación. Agendará unha cita telefónica para a renovación da prescrición confirmando co farmacéutico o número de teléfono de o do paciente. Prazo estimado da chamada o menor posible, compromiso 2 horas. Esta renovación excepcional empeza cunha pilotaxe desas 5 terapias, pero poderá actualizarse nun futuro, polo que será importante que desde as farmacias colaboremos detectando as diferentes casuísticas que se presentan e os medicamentos que máis solicitan con urxencia, por iso cando se envíe a documentación incluirase un formulario para o seu rexistro, e presentar os resultados na comisión de seguimento. 📢PROGRAMA DE MELLORA DA ADHERENCIA TERAPÉUTICA A TRAVÉS DA PREPARACIÓN E ENTREGA DE SISTEMAS PERSONALIZADOS DE DOSIFICACIÓN Persoas con dereito á asistencia sanitaria e farmacéutica con cargo ao Sistema Público de Saúde de Galicia, de 70 anos ou máis e 10 ou máis prescricións activas crónicas de medicamentos (independentemente da forma farmacéutica), que presentan problemas de incumprimento da terapia ou dificultades para o correcto uso dos medicamentos por déficits de autonomía física ou psíquica, e viven sós/as ou non teñen unha rede de apoio sociofamiliar adecuada para o mantemento dos tratamentos instaurados. Calquera profesional sanitario do Servizo Galego de Saúde, farmacéuticos/as comunitarios/as (de oficina de farmacia) e traballadores/as sociais, poden propoñer a inclusión dos/das pacientes nesta nova prestación. Unha vez detectado o/a paciente susceptible de inclusión, será derivado á/ao súa/seu enfermeira/o ou á/ao súa/seu FAP do centro de saúde. No caso dos farmacéuticos/as comunitarios/as, a derivación acompañarase dun informe xustificativo dos criterios de inclusión, no que poden achegar información pertinente sobre a medicación do/da paciente. 📢Máis información FARMACIA EIRÍN: ✔️Páxina Web: http://www.farmaciaeirin.es/ 📢Máis información COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DE PONTEVEDRA: ✔️Páxina Web: https://cofpo.org/ 👉 Máis Información de MULLERES QUE PODEN ✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221 🎙️ "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 📢 MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.sie.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas 116g1l
Comentarios de Elena Raviña, Farmacia Eirín, explícanos os programas Sentinela, de Medicamentos non Demorables e de SPD. 401727